...

Evento de premiación

Coa idea de (re)descubrir a identidade, historia e cultura de Galicia dende a óptica do emigrante retornado, AJERGA fixo público o pasado sábado o fallo do xurado no certame artístico.

Este sábado 20 de novembro celebrouse en Santiago o acto no que a Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia – AJERGA – desvelou as gañadoras do concurso “Cousas do Retorno”. O certame estaba dirixido a todos os emigrantes retornados coa idea de visibilizar a histora, aínda por narrar, de todos aqueles emigrantes e descendentes que retornaron a Galicia.

No concurso participaron máis de 60 obras chegadas de Galicia pero tamén de países como Arxentina, Polonia, Uruguai, Chile, México, Venezuela ou Puerto Rico. Finalmente, o xurado composto por por Xesús Fraga, recente premio nacional de narrativa, Nacho Muñoz e Amaia Roldán entregou os seguintes premios:

  • Premio ao mellor relato breve: Macarena Iglesias Gualati por “El Eterno Retorno”

  • Premio á mellor peza audiovisual: Nelly Fortes González por “La escalera”

  • Premio á mellor obra plástica ou fotografía: Loreley Ritta Cardero por “Algúns nacaen con estrelas”

O acto, no que tamén participaron o Secretario Xeral de Política Lingüística Valentín García Gómez e a Subdirectora Xeral de Retorno, María Begoña Solís Domínguez, estivo precedido dunha exposición na que se mostraron algunhas das obras recibidas. Como sinalan dende a asociación, “as formas de vivir, sentir e representar a galeguidade reescríbense cada día en todo o mundo. E esta exposición é unha manifestación que busca que cada historia persoal conte unha parte dun todo imposible.”

María Belén Rosbier, presidenta de AJERGA, fixo un repaso pola historia dunha asociación que “naceu nas nosas mentes cando chegamos a Galicia e botamos en falta as nosas redes. Nacemos pola necesidade de xuntarmos e compartir experiencias, de sentirmos recoñecidas no outro.” Sinalou tamén que “cando bautizamos a asociaicón case dubidabamos ata do noso nome. Migrantes? Emigrantes? Inmigrantes? Retornados? Que é o retorno, se chegamos a un lugar do que nunca marchamos? “ preguntouse.

O concurso tomou o seu nome das “Cousas” de Castelao (escritas entre 1919 e 1926), que foron un conxunto de relatos breves que interpretaban a realidade galega e o seu tempo publicados poucos anos antes de que o autor iniciase o seu exilio en Latinoamérica. El nunca puido retornar, pero si moitos fillos e netos de galegos, que agora lle renden homenaxe deste xeito.

Prólogo de la exposición

Las fotos del evento


Este sitio web utiliza Cookies para que tengas la mejor experiencia de uso. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación las mismas y de nuestra Política de cookies.

ACEPTAR

Aviso de cookies